Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, de notificación a Manuel Geada Reigosa de diversos trámites do procedemento de recuperación de oficio da posesión dun local situado no Instituto de Ensino Secundario A Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo).

Intentada notificación no último domicilio coñecido e non podendo practicarse ó ser devolta polo servicio de correos caducada en lista, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común notifícase, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello de Monforte de Lemos e no Diario Oficial de Galicia, o seguinte:

A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma está a instruí-lo procedemento para a recuperación de oficio da posesión dun local dedicado a vivenda, situado no Instituto de Ensino Secundario A Pinguela de Monforte de Lemos, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, ocupado por Manuel Geada Reigosa, que se segue pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas, de acordo coa remisión que fai o artigo 183 do Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo.

Mediante escrito de notificación, rexistro de saída nº 000224* do 8-1-1999, comunicábaselle a apertura de prazo para a proposición de práctica de probas; transcorrido este sen ter recibido ningunha proposta polo interesado, procédese a efectua-las seguintes actuacións:

1. Dar por decaído no seu dereito ó trámite de proposición de proba a Manuel Geada Reigosa, interesado no procedemento, segundo o disposto no artigo 76.3º da Lei 30/1992.

2. Comunicarlle que a Administración non procederá a practicar proba de oficio ó abeiro da documentación que xa figura incorporada ó expediente, dando por rematado o trámite de proba no procedemento en curso. Non obstante, queda reservada a potestade que lle concede a lei para solicita-los informes que xulgue necesarios para mellor resolver.

3. Poñerlle de manifesto ó interesado Manuel Geada Reigosa ou, se é o caso, ó(s) seu(s) representante(s), o expediente do procedemento que se segue nesta Administración, para que poida, se o cre con

veniente, examinalo -nas dependencias da Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma da Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, en horario de atención ó público de 9 h a 14 h- formular alegacións e presenta-los documentos e xustificacións que estimen pertinentes, para o que se fixa un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da súa publicación ou exposición no taboleiro municipal de anuncios, tomándose para o inicio do cómputo o derradeiro entre eles. Deste xeito dáse cumprimento ó trámite de audiencia establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, con anterioridade á redacción da proposta de resolución.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

P.A.

Pablo Moure Parrilla

Subdirector xeral do Patrimonio da Comunidade

Autónoma