Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (4/1998).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que no expediente de xurisdicción voluntaria sobre autorización xudicial para venda de bens de incapaz seguidos co número 4/1998, por instancia de María Jesús Facal García, representado polo procurador Gómez Martín, se acordou a celebración de poxa publica, na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con trinta días de antelación, dos bens que luego se dirán, coas condicions seguintes:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate o vindeiro día vintecatro de maio, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado polo tipo de 19.000.000 de pesetas e non se admitirán licitacións que non cubran o dito tipo.

2. Para tomar parte na poxa, tódolos licitadores deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos a licitación, que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade; deberase facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584/0000/49/0004/98, presentado o xustificante de ingreso.

3. O título de propiedade (escritura privada de compra-venda) consta en autos, de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examina-los que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador o acepta como bastante, sen que poida esixir outros.

4. Poderanse facer licitacións en prego pechado e o remate non se poderá verificar en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. No caso de que tivese que suspende-la poxa trasládase a sua celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana sinalada.

6. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que lle corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Bens obxecto de poxa

Casa en estado ruinoso identificada cos números 16 e 17 da rúa do Pexigo de Abaixo de Santiago de Compostela, que ocupa unha superficie de 79 m e leva anexa unha horta de 7,8626 áreas. Inscrita

no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela no tomo 166, libro 092, folio 052, presdio 3.445, inscrición 6.

Dado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1999.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado