Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (460/1997-B).

Por telo así acordado en resolución do día da data, cítanse as persoas que logo se dirán para comparecen na sala de audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, sito na praza do concello, primeiro piso, o vindeiro día 24 de maio ás 11.30 horas, co obxecto de asistiren ó correspondente xuízo sobre lesións no concepto que se dirá, facéndolles saber que poden ser asistidos de avogado e que deberán comparecer cos medios de proba de que tenten valerse e que se deixasen de asistir, sen acreditaren xusta causa, poderán ser multados. O presunto culpable que reside fóra da circunscrición do xulgado competente non terá obriga de acudir ó acto do xuízo e que poderá dirixir ó xulgado escrito no que alegue o que coide conveniente na súa defensa e apoderar persoa que presente naquel acto as probas de descargo que tiver, segundo establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial.

Denunciante: Patricia Pombo Brandon, en paradoiro descoñecido.

En Carballo, un de setembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado