Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a Mª Consuelo Bernarda Gil de la Peña (praza 10/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a favor de Mª Consuelo Bernarda Gil de la Peña, con documento nacional de identidade número 33.194.695 e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Consuelo Ber

narda Gil de la Peña, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Vigo, 23 de marzo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo