Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de debuxo, do departamento de Expresión Artística, a José Castro Muñiz (praza 2/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión

dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de debuxo, do departamento de Expresión Artística, a favor de José Castro Muñiz, con documento nacional de identidade número 51.332.142 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Castro Muñiz, profesor titular de universidade da área de coñecemento de debuxo, do departamento de Expresión Artística.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Vigo, 23 de marzo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo