Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 14 de abril de 1999 Páx. 4.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional privado, do departamento de Dereito Privado, a Miguel Ángel Michinel Álvarez (praza 8/1998).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 16 de febreiro de 1998 (BOE do 12 de marzo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional privado, do departamento de Dereito Privado, a favor de Miguel Ángel Michinel Álvarez, con documento nacional de identidade número 34.966.524 e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Miguel Ángel Michinel Álvarez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito internacional privado, do departamento de Dereito Privado.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Vigo, 18 de marzo de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo