Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación da parcela sita en Galanas-Calo, tramitado por instancia de Julio Gacio Tarrío.

A parcela ten unha superficie neta de 543 m, e linda:

Norte: da estrada da Coruña a Pontevedra e Tui.

Sur: pista de concentración parcelaria.

Leste: predio de Josefa Nogueira Insua.

Oeste: predio de Josefina Couselo Otero.

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 26 de marzo de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde