Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización U.E. IV-03 Bailén (expediente 4100/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión celebrada o día 18 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. IV-03 Bailén, presentada pola entidade Apartamentos Paseo Marítimo S.L., redactado pola arquitecta Isabel Valés Figueroa, e con visado colexial do 28 de xullo de 1998, e coa documentación complementaria visada o día 26 de outubro de 1998, sendo o seu actual propietario a entidade Urbanización Aragón Norte, como así consta no proxecto de compensación.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou tentada esta non se puidese practicar.

vigo, 26 de febreiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo