Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 21 de decembro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación con fronte a rúa dos Cabalos, promovido por Construcciones y Promociones Mogar Forte S.L.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de execución, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación.

O ámbito da unidade correspóndese coa parcela número 5, de 3.359 m de extensión, resultante da licencia de parcelación outorgada pola Comisión de Goberno o 27 de abril de 1998 (Expediente licencias 1785/1997).

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no réxime urbanístico vixente, non incumpran as determinacións do estudio de detalle.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza, ou de se-lo caso, Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado