Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reparación da cuberta do Teatro Principal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento da licitación: 7.026.236 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: provisional: 140.525 pesetas. Definitiva: 281.049 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: registro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns hábil seguinte ó do remate do prazo

sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na sala de xuntas.

9. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 25 de marzo de 1999.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral