Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999 pola que se anuncia a contratación das obras denominadas: depuración da rede de saneamento e abastecemento de auga en Lestón-Lestón, por procedemento aberto e poxa.

De conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 26 de febreiro de 1999, e artigo 79 da LCAP, anúnciase poxa por procedemento aberto para adxudica-las obras de depuración da rede de saneamento e abastecemento de auga en Lestón-Lestón.

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de depuración da rede de saneamento e abastecemento de auga en Lestón-Lestón.

2. Duración do contrato: tres meses.

3. Tipo de licitación: cinco millóns seiscentas sesenta e seis mil duascentas setenta e seis pesetas (5.666.276).

4. O pagamento realizarase con cargo ó Plan 2000 de Infraestructuras 1999.

5. Prego de condicións: é o aprobado polo Pleno da Deputación Provincial o 27 de maio de 1996, así como a súa modificación puntual na sesión do 28 de novembro de 1996 (publicado no BOP nº 123, do 30 de maio e 282 do 9 de decembro de 1996).

6. Garantía provisional: será o 2 por 100 do tipo de licitación.

7. Garantía definitiva: será o 4 por 100 do orzamento.

8. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás trece horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, excepto que coincidise en sábado, que se trasladará ó primeiro día hábil seguinte.

10. Modelo de proposición:

Don/Dña...., con domicilio.... en..... rúa..... nº..... telf....., con DNI..... (pasaporte ou documento que

o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou representación do DNI..... ou CIF..... nº..... e con domicilio en..... nº..... telf.....) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de depuración da rede de saneamento e abastecemento de auga en Lestón-Lestón e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de....., que significa unha baixa de....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas do presente contrato.

3. Xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas.

En..... o..... de..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado).

Laracha, 10 de marzo de 1999.

Jesús Rama Becerra

Alcalde