Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares, que se expoñen xunto co presente polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, número 1. 36500-Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: centro social en Vilatuxe.

Orzamento: 19.652.210 pesetas.

Duración do contrato: dous meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: 393.044 pesetas.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas

e trinta minutos do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 26 de marzo de 1999.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental