Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

Iniciado procedemento de expropiación forzosa para a ocupación dos bens e dereitos que se dirán para a realización das obras de área de ocio en Gabenlle, o proxecto técnico foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e nove; faise pública a relación de propietarios e bens afectados para que dentro do prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, poidan os interesados formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens e o seu estado material ou legal, xuntando cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se estimen cometidos na relación que se fixera pública.

Para os únicos efectos da corrección de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá comparecer para alegar e ofrecer cantos antecedentes ou referencias sirvan de fundamento para as rectificacións que procedan.

Relación de bens afectados:

Parcela A:

Propiedade de Antonio Varela Puñal.

Referencia catastral: parcela 21, do polígono 72.

Superficie: 1.996 m. Solo rústico.

Lindes:

Norte: José Sande Casal.

Sur: río Anllóns.

Leste: estrada.

Oeste: Pilar Varela Vecino.

Valoración: 1.822.348 ptas.

Parcela B:

Propiedade de Pilar Varela Vecino.

Referencia catastral: parcela 22, do polígono 72.

Superficie: 420 m. Solo rústico.

Lindes:

Norte: Antonio Varela Puñal.

Sur: río Anllóns.

Leste: Antonio Varela Puñal.

Oeste: Antonio Varela Folgar.

Valoración: 383.460 ptas.

Laracha, 27 de febreiro de 1999.

Jesús Rama Becerra

Alcalde