Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

CORRECCIÓN de erros.

Dáse conta de que con data do 25 de marzo de 1999 se publica neste diario, por erro, certificado da aprobación inicial do proxecto de urbanización

do Plan Parcial A Zapateira 1, no seu lugar debe consta-lo seguinte anuncio:

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 1 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por Javier Nogueiras Mascarenhas, en representación de Neisa, Grupo Riofisa, División Residencial, para a urbanización do ámbito de actuación do Plan Parcial A Zapateira 1, sito na Zapateira, desta localidade, redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas e visado polo Goag, que queda sometido a información pública polo plazo dun mes, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 07/99. Pur).

Arteixo, 31 de marzo de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde