Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o día 4 de xaneiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido pola razón social Proflat, S.L., representada por Eduardo Tudoli Baladrón, para a urbanización da unidade de actuación número vintecatro, corenta (UA-24, 40), en Ponte do Ba, Arteixo, redactado polo arquitecto José-Miguel Vázquez García, e visado polo COAG, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido presentándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 44/1998 PUR).

Arteixo, 2 de marzo de 1999.

Manuel Pose Miñones

Alcalde