Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de caixeiro automático para o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 11/1999).

Advertido erro na devandita resolución, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 3.750, columna 2, liña 20, onde di: «vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación...», debe dicir: «décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación...».

-Na páxina 3.750, columna 2, liña 34, onde di: «décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas...», debe dicir: «cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas...».