Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-23/98, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O acordo de incoación dictado no procedemento sancionador de referencia considérase proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 19.2º do Regulamento da potestade sancionadora da Administración, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9), fronte ó que os interesados poderán efectuar alegacións e presenta-los documentos e informes que consideren convenientes no prazo de quince días. Igualmente poderán acceder ó contido do expediente ou obter copias dos documentos que figuran nel.

Ourense, 8 de marzo de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-23/98.

Presunto responsable: Promotora O Chao, S.L., da que son representantes Juan Manuel Quintas Pérez e Josefa López Fidalgo.

NIF nº: B-32-153215.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, nº 6, O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia durante as obras de construcción de vivendas de protección oficial do expediente 32-P-0031/92, que deron lugar a defectos que afecten á edificación.

Precepto sancionador: Art. 153.c).6 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción proposta: 250.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.