Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de marzo de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento do que era titular Mercedes Arca Lorenzo, finada o 19-2-1999, atendendo á disposición transitoria 2º.B.4 da LAU 29/1994, do 24 de novembro.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da súa vivenda.

Contra a devandita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de marzo de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-1-IV/78-1

Conta. 85

Ultimo enderezo coñecido: polígono de Caranza, rúa Emilia Pardo Bazán, bloque 46, P-37, baixo D.(Ferrol)

Data da resolución: 8 de marzo de 1999.