Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 63, do 5 de abril de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:
-Na páxina 3.748, columna 1, liña 30, onde di: «vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación...», debe dicir: «décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación...».
-Na páxina 3.748, columna 1, liña 39, onde di: «décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas...», debe dicir: «cuarto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas...».