Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Juvial V.

Visto o expediente incoado por Máximo Vicente Suárez e Juan Vicente Alcalde, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Juvial V, outorgado pola orde ministerial do 15-7-1972, situada na cuadrícula nº 158, do polígono A de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 31-8-2002, e da que eran titulares Guadalupe Suárez Reboiras e Juan Vicente Alcalde.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, o testamento de Guadalupe Suárez Reboiras e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accede ó solicitado e declara titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Juan Vicente Alcalde (33.076.326) e Máximo Vicente Suárez (33.241.615).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 24 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo