Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Maribel.

Visto o expediente incoado por Francisco Lago Piñeiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Maribel, outorgado pola orde ministerial do 14-12-1956, situada na cuadrícula nº 98, do polí

gono B de Vilagarcía de Arousa, rematando a concesión o 4-4-2002, e da que eran titulares Alejandro Lago Castelo e Carmen Piñeiro Cores.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a acta de notoriedade de declaración dos herdeiros de Alejandro Lago Castelo, a escritura notarial da partición da herdanza e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accede ó solicitado e declara titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Francisco Lago Piñeiro (35.465.475) e Mª Carmen Lago Piñeiro (35.465.476).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 24 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo