Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de febreiro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Carliños IV.

Visto o expediente incoado por José-Gabriel Bea Rodríguez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de ostra plana denominada Carliños IV, outorgado pola orde ministerial do 7-6-1979, situada na cuadrícula nº 121, do polígono A do Grove, rematando a concesión o 28-7-1999, e da que eran titulares Carmen Rodríguez Iglesias e Gabriel Bea Alfonso.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración notarial de herdeiros, a escritura notarial da partición da herdanza de Carmen Rodríguez Iglesias e a renuncia de Gabriel Bea Alfonso, e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería accede ó solicitado e declara titulares da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de José-Gabriel Bea Rodríguez (35.435.919).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 24 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo