Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro), e que foi acreditada a trans
misión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: S.G.C.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 106 Vilagarcía A.
Data da concesión: 15-7-1972.
Data do remate da última prórroga: 31-8-2002.
Anteriores concesionarios: Galbán Caamaño, Serafín (35.367.444) e Teijeiro Ramos, Carmen (33.076.058).
Novo titular concesión: Mexiloeiras Galbán Caamaño, S.L. (B-15.385.040).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 24 de febreiro de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo