Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Picoto, número 4805.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que José Ramón Rodríguez González en representación de Explotaciones Graor, S.L. con domicilio en Ourense r/ Ervedelo, 30-3º , presentou nesta delegación provincial o 5 de maio de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Picoto nº 4805 de 218 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos de Cualedro, Monterrei e Oímbra e que lle correspondeu o nº 4805 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 17º 37' 40''41º 58' 00''

Vértice 27º 35' 20''41º 58' 00''

Vértice 37º 35' 20''42º 00' 00''

Vértice 47º 33' 00''42º 00' 00''

Vértice 57º 33' 00''41º 51' 40''

Vértice 67º 34' 20''41º 51' 40''

Vértice 77º 34' 20''41º 54' 40''

Vértice 87º 37' 40''41º 54' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 13 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense