Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e o estudio de efectos ambientais con título parque eólico Monte Marbán. (Expediente 7-1/97).

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, dos decretos 2617/1968, 2617/1966, 2366/1994, do Ministerio de Industria e Enerxía, do Decreto 205/1995, da Lei 2/1998, do 8 de abril, na súa disposición adicional terceira de medidas tributarias, réxime

presupostario, función pública, patrimonio, organización e xestión, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e acordo do 1-10-1997, da Xunta de Galicia, sobre a autorización de instalacións eléctricas, de aproveitamento da enerxía eólica, sométese a información pública, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e declaración de efectos ambientais as instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio social: rúa José Luis Bugallal Marchesi, 10.1º, 15008 A Coruña.

Denominación: parque eólico Monte Marbán.

Situación: concello das Somozas (A Coruña).

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 11,4 Mw.

-Superficie afectada: 165 ha.

-Coordenadas:

V (589.111, 4.823.162), V (588.642, 4.822.536)

V (588.826, 4.820.886), V (589.022, 4.820.886)

V (589.785, 4.822.309), V (589.785, 4.822.833)

-19 aeroxeradores, Mod. ecotécnica 44/600, de 44 m de diámetro e 600 kW de potencia c/u.

-Rede eléctrica subterránea de tensión, a 20 kV con conductor R.H.V. 12/20 kV y 3(1x150) mm Al, interconectando os transformadores e a subestación eléctrica.

-Ampliación dos aparellos para cabinas, cadros de medición, centros de control para as instalacións a 132 kV e a 20 kV da subestación eléctricas.

O que se fai público para o coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15008 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Monte Marbán poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e concello das Somozas (A Coruña) podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e deste xeito dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1995.

A Coruña, 29 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Parque eólico de Monte Marbán

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: As SomozasProvincia: A Coruña

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

AutoxeradorCamiñoGabiaVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezommmm

15Monte MarbánMonte baixoHros. Amable Díaz VilelaR/ Galeano nº 70-2º

Ferrol

296

48Monte MarbánMonte baixoHros. Amable Díaz VilelaR/ Galeano nº 70-2º

Ferrol

120

77Monte MarbánMonte baixoHros. Amable Díaz VilelaR/ Galeano nº 70-2º

Ferrol

A03062461.2241701.962

106Fte. PeromeoPradoEnrique Rivera PérezCabana nº 3 Enchousas

15566 As Somozas

A02022461.0521461.962

112Monte MarbánMonte baixoDescoñecidoIgnoradoA02052461.0011391.962