Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Viveiro para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 034-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorizacióin administrativa das instalacións do parque eólico Viveiro coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Enerxía, S.A.

Avda. do Cruceiro da Coruña, nº 201-A.

15705-Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.616.000, 4.837.000);V (0.619.000, 4.837.000)

V (0.619.515, 4.835.015);V (0.619.500, 4.833.000)

V (0.620.000, 4.832.000);V (0.620.000, 4.830.000)

V (0.618.000, 4.830.500);V (0.617.000, 4.830.500)

V (0.616.000, 4.831.500);V (0.614.000, 4.832.500)

V (0.614.000, 4.833.500); V (0.616.000, 4.833.000)

V (0.614.500, 4.834.000); V (0.614.500, 4.835.000)

V (0.615.500, 4.835.500); V (0.615.000, 4.836.000)

Superficie afectada: 2.937,87 ha.

Potencia bruta: 31 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 26 de marzo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo