Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 5917.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que Erimsa, con enderezo en Juana de Vega, 2-6ª planta, 15003 A Coruña, presentou nesta delegación provincial o día 13 de novembro de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Alicai de 279 cuadrículas mineiras para recursos de cuarzo e sección C, que se sitúa nos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba da provincia de Lugo á que lle correspondeu o número 5.917 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 32' 00''43º 19' 00''

2-7º 30' 20''43º 19' 00''

3-7º 30' 20''43º 17' 20''

4-7º 22' 20''43º 17' 20''

5-7º 22' 20''43º 14' 00''

6-7º 26' 00''43º 14' 00''

7-7º 26' 00''43º 14' 40''

8-7º 32' 00''43º 14' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 10 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo