Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.066

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 15 de marzo de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 29 de xaneiro de 1999 (DOG nº 26, do 9 de febreiro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Antonio Rodríguez Rodríguez.

NRP ou DNI: 34249186.

Grupo: B.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Investimentos e Supervisión Técnico-Turístico.

Cód. posto: PRP050000215770007.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral de Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Roberto Pena Puentes.

NRP ou DNI: 33833889.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Vixilancia e Inspección do Patrimonio Cultural.

Cód. posto: CUC040000115770044.

Nivel: 28A.

Dependencia: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.