Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.065

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 12 de marzo de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 21 de xaneiro de 1999 (DOG nº 28, do 11 de febreiro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se cita no anexo desta orde, adxudicando destino, no postos de traballo que se indica, ó funcionario que se cita.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo

de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Nº R.P.: 3493253368 A2077.

Grupo: A/B.

Apelidos e nome: Segade Castro, Margarita.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Extensión e Capacitación Agraria.

Nivel: 28 B.

Localidade: A Coruña.

Dependencia: delegación provincial.