Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.066

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de marzo de 1999 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no gabinete do conselleiro na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Convocada, por Orde do 8 de febreiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 18 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no gabinete do conselleiro da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no gabinete do conselleiro da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, anunciada por Orde do 8 de

febreiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 18 de febreiro).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo de código XUC010000015770001 e denominación secretario/a conselleiro da citada convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais