Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.059

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se convoca un curso de estatística para a formación do persoal da Administración autonómica.

En cumprimento do Decreto 358/1998, do 27 de novembro, polo que se aproba o programa estatístico anual e en execución da operación estatística denominada «Formación en procedementos estatísticos», subscribiuse o 24 de abril de 1998, un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convoca o presente curso, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Obtención e tratamento básico de datos.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionar formación ó persoal da Administración autonómica vinculado a tarefas estatísticas no desempeño do seu posto de traballo, co fin de actualiza-los seus coñecementos respecto dos conceptos básicos na materia.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica, que no desempeño do seu posto de traballo realice funcións relacionadas coa estatística.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que como modelos oficiais, se recollen nos anexos I e II desta resolución, cubertos en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 18 de maio de 1999.

Quinta.-Selección.

As solicitudes serán seleccionadas segundo os seguintes criterios:

Contido estatístico das tarefas desempeñadas no seu posto de traballo.

Grao de coñecemento en materia estatística.

Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994).

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 40 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Datas: 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17, 21 e 22 de xuño de 1999.

Horario: tardes, de 16.30 a 20.30 horas.

Prazas: máximo de 30.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes resérvanse a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso así como cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada a máis do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

Análise da organización estatística na Comunidade Autónoma de Galicia. O Instituto Galego de Estatística. Lei, plan e programas estatísticos. Conceptos básicos. A medida na estatística. Variables e atributos. Poboación e mostraxe. Escalas de medida. Fontes de datos. Distribución de frecuencias univariantes. Caracterización. Medidas de posición. Medidas de dispersión. Medidas de forma. Medidas de concentración. Representacións gráficas. Distribución de frecuencias bivariantes. Caracterización. Táboas de correlación: medidas de asociación para variables. Táboas de continxencia: medidas de asociación para atributos. Representacións gráficas.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

D.... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na consellería/Delegación Provincial de...

CERTIFICO:

Que don/a..., no desempeño do seu posto de traballo de... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso ()......

......., ..... de ..... de 1999.

Asdo.:.........