Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas de tódalas prestacións do fondo de acción social do ano 1998 para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1998 polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) representada na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e do comité Intercentros do persoal laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 10 de xullo de 1998 e publicado por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo) deben publicarse as listas provisionais das axudas da acción social do ano 1998.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de xubilación, fillos menores, estudios de fillos, estudios do tra

ballador, diminuídos e vivenda da acción social do ano 1998, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativos ó seu persoal.

Segundo.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na base 6-2 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 16 de xullo) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública