Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 09 de abril de 1999 Páx. 4.025

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 81/1999, do 8 de abril, polo que se acorda encargar do despacho dos asuntos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a Australia e Nova Celan

dia, cómpre proceder á súa substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do conselleiro de Educacióon e Ordenación Universitaria con motivo da súa viaxe a Australia e Nova Celandia, encoméndaselle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais que se encargue do despacho dos asuntos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde o día 10 de abril ata o seu regreso.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente