Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 25 de marzo de 1999, aprobou definitivamente o expediente de modificación puntual do PERI 1 plan especial de reforma interior Praia de Loureiro, de conformidade co establecido no Art. 50 da Lei do solo de Galicia en relación co Art. 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do devandito acordo no DOG en no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa urbanística e as ordenanzas.

Contra desta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a este concello (Art. 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Bueu, 29 de marzo de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde