Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

ANUNCIO.

De conformidade coa autorización formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o acordado por esta alcaldía, formúlase a seguinte convocatoria pública:

1. Obxecto: elección de xuíz de paz titular e subtituto deste concello de Cabanas.

2. Prazo de presentación de solicitudes: quince días hábiles contados desde o último anuncio publicado no BOP ou DOG.

3. Condicións dos solicitantes: ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas na lei (artigos 102.303 e 389 da Lei orgánica 6/1985).

4. Documentos que hai que presentar:

a) Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complemen

taria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a) referente a «atópase inculpado ou procesado».

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

5. Elección: o Pleno do Concello co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros e entre as persoas que, reunindo as condicións legais, así o soliciten. Se non houbese solicitante, o Pleno elixirá libremente.

Cabanas, 9 de marzo de 1999.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-presidenta