Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado na sesión plenaria do día 26 de marzo de 1999 con carácter definitivo o plan xeral de ordenación municipal de Ares, logo do informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 8 de marzo de 1999, coas correccións sinaladas no dito informe e de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese a facer pública a dita aprobación.

Contra o presente acordo poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o xulgado do contencioso-administrativo da Coruña ou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo (segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa)

advertíndolle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 31 de marzo de 1999.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcade-presidente