Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva, polo procedemento aberto e trámite de urxencia mediante concurso, de víveres para a confección de dietas. (C.P. 1/1999).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88 do 11 de maio), convoca expediente de contratación da subministración sucesiva polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, para a adquisición de víveres e confección de dietas (C.P. 1/1999).

1. Obxecto e orzamento: a adquisición de víveres, mediante subministración sucesiva, para a confección de dietas por un orzamento máximo de quince millóns seiscentas sesenta e sete mil cincocentas vintecinco, IVE incluído (15.667.525 ptas.).

2. Forma de adxudicación: subministración sucesiva polo procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia.

3. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999, prorrogable por anos naturais.

4. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte, teléfono: 982 41 79 18, fax: 982 40 40 06, en días laborables, de 9 a 14 horas.

5. Fianzas:

A fianza provisional será do 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes.

A fianza definitiva será do 4% do orzamento de licitación de cada un dos lotes.

Constituiranse nalgunha das formas que establecen os artigos 36 e 37 respectivamente da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

7. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

8. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 6 puntos.

Calidade: ata 6 puntos.

Tempo de resposta: ata 3 puntos.

Situación na área: 1 punto.

9. Clasificación: non se precisa.

10. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas

do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando, a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 40 40 06) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á dirección médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán aporta-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 22 de marzo de 1999.

Eleuterio López Louzao

Director Médico do Hospital Comarcal de Monforte