Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.006

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de marzo de 1999 de convocatoria para a realización da entrevista correspondente ó proceso de selección para o nomeamento de recadador da zona de Pontevedra.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 3 da Orde do 29 de xaneiro de 1999 (DOG nº 24, do 5 de febreiro), polo que se convoca proceso de selección para o nomeamento de recadador da zona de Pontevedra, débese proceder á realización das actuacións establecidas no artigo 4 da devandita orde.

Para tal efecto, facendo uso da autorización contida na disposición adicional do Decreto 90/1997, do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A comisión de selección a que se refire o artigo 5 da Orde do 29 de xaneiro de 1999 axustarase no seu funcionamento e actuacións ó disposto no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rematando as súas tarefas coa elevación ó conselleiro de Economía e Facenda da correspondente proposta de selección a prol do aspirante que obteña maior puntuación.

Artigo 2º

Convócanse os participantes no referido proceso selectivo, que a continuación se indican, para a realización da entrevista que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela) na data e horas que para cada un deles se sinalan:

Apelidos e nome: Guimaraens Benedetti, Fernando.

Data: 9 de abril de 1999.

Hora: 10.

Apelidos e nome: Rey Lama, Xosé Miguel.

Data: 9 de abril de 1999.

Hora: 11.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda