Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 23 de decembro de 1998 (DOG número 250, do 29 de decembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 1/1998, para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.
Ámbalas relacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais e na Dirección Xeral da Función Pública.
Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para formularen, se é o caso, as alegacións pertinentes.
Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.
Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formularen reclamación.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública