Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 4.005

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 29 de marzo de 1999, do tribunal nomeado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, grupo B, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, polo que se anuncia a puntuación definitiva da fase de concurso.

De conformidade co disposto na base II.1.4 da Orde do 26 de agosto de 1997, pola que se convocan as citadas probas selectivas (DOG nº 199, do 15-10-1997), e rexeitadas as reclamacións feitas polos interesados, acórdase elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

As ditas puntuacións están expostas, desde o día da publicación deste acordo, nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, das súas delegacións provinciais, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e das súas delegacións territoriais.

Contra este acordo os interesados poden interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.

José R. Díaz Presedo

Presidente do tribunal