Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 08 de abril de 1999 Páx. 3.972

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no precitado anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a

expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (20 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que acreditará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 30 de xuño de 1999.

No caso de que nunha provincia ou servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (40 para cada provincia e 40 para servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 1999 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario xunto co seu nome.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 20 (4 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 4 para os de servicios centrais).

As datas serán as seguintes en función do lugar de celebración:

-Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Pontevedra: 1ª edición: do 6 ó 10 de setembro; 2ª edición: do 13 ó 17 de setembro; 3ª edición: do 20 ó 24 de setembro; 4ª edición: do 27 de setembro ó 1 de outubro.

-Lugo: 1ª edición: do 13 ó 17 de setembro; 2ª edición: do 20 ó 24 de setembro; 3ª edición: do 27 de setembro ó 1 de outubro; 4ª edición: do 4 ó 11 de outubro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 19.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 95 e o procesador de textos Word 97.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: perfeccionamento do persoal usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (19 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais, con especial atención ás novas funcionalidades do sistema.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán, circunstancia que será verificada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 1 de setembro de 1999.

No caso de que nunha localidade de celebración do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios de selección, priorizando as solicitudes segundo esta orde:

1. Usuarios finais SXPA que non participaran nas edicións do presente curso celebradas nos anos 1996 e 1997. Dentro deste grupo terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU) e nas oficinas incluídas no programa do Servicio de Resposta Inmediata (Seri).

2. Usuarios que xa participaron nas edicións do presente curso nos anos 1996 e 1997.

3. Persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán.

Se, conforme os criterios anteriores, se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e non houbera prazas para todos, a selección efectuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal de que dependa o solicitante. De persisti-lo empate resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas:

-Santiago de Compostela. 1ª edición: do 18 ó 22 de outubro; 2ª edición: do 25 ó 29 de outubro; 3ª edición: do 8 ó 12 de novembro.

-A Coruña. 1ª edición: do 18 ó 22 de outubro; 2ª edición: do 25 ó 29 de outubro; 3ª edición: do 8 ó 12 de novembro; 4ª edición: do 15 ó 19 de novembro; 5ª edición: do 22 ó 26 de novembro.

-Lugo. 1ª edición: do 2 ó 5 de novembro e o 8 de novembro; 2ª edición: do 15 ó 19 de novembro; 3ª edición: do 29 de novembro ó 3 de decembro.

-Ourense. 1ª edición: do 15 ó 19 de novembro; 2ª edición: do 22 ó 26 de novembro; 3ª edición: do 29 de novembro ó 3 de decembro.

-Pontevedra. 1ª edición: do 18 ó 22 de outubro; 2ª edición: do 25 ó 29 de outubro; 3ª edición: do 8 ó 12 de novembro; 4ª edición: do 15 ó 19 de novembro; 5ª edición: do 22 ó 26 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

SXPA: introducción ó sistema e os seus módulos de rexistro, tramitación, información de seguimento e seguridade. O sistema de xestión de subvencións. O correo electrónico: Lotus Notes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a localidade de celebración do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Desprazamento.

Con carácter excepcional e limitado ó suposto de que non se convoque curso na localidade onde está destinado o funcionario e, polo tanto, teña que desprazarse, forzosamente, fóra dela para asistir ó curso, poderán concederse axudas de desprazamento ata o límite previsto no orzamento do curso para tal fin. Os aspirantes farán consta-la súa petición na solicitude.

Curso: publicacións institucionais.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal que ten relación coas publicacións institucionais e dotalo dos coñecementos adecuados que lle permitan desenvolver con éxito o seu labor.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que traballe con publicacións.

3. Criterios de selección.

Desempeñar, ou ter desempeñado, un posto de traballo relacionado con publicacións.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 35 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 24, 25, 26 e 31 de maio; 1, 2, 7, 8, 9 e 14 de xuño.

4.3. Horarios: de 9 a 12.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Introducción á publicación institucional. Producción editorial. Deseño. Impresión. Distribución. Normas de redacción e estilo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Presidencia e serán presentadas no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: infraccións comunitarias: prevención e mecanismos de resolución.

1. Obxectivos.

Estende-lo coñecemento do marco xurídico comunitario de aplicación. Incrementa-la axilidade no tratamento de queixas e denuncias perante a Comisión Europea. Redacción de respostas precisas a cartas de emprazamento e dictames motivados. Minoración de conflictos coa comunidade.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario dos grupos A e B e laboral dos grupos I e II, independentemente da súa titulación, que desenvolva tarefas vencelladas coa implantacións de políticas comúns europeas nos seus respectivos eidos de actividade profesional.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente afectadas polas políticas comúns de maior calado en Galicia, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na Resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 8, 9, 10, 15, 16, 17, 22, 23, 24 e 29 de xuño.

4.3. Horarios: de 17.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Concepto de infracción comunitaria. Interpretación xurisprudencial sobre a execución do dereito comunitario. O procedemento precontencioso. Sancións. Especial referencia ás multas coercitivas. Resolución de conflictos coa Comisión Europea. Avaliación da execución do dereito comunitario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión para o curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no

seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: adaptación de normas e políticas ó estatuto xurídico do euro.

1. Obxectivos.

Formación sobre os rudimentos do ordenamento do euro. Acelera-la posta a punto da Administración ó inicio do período transitorio. Coñecemento dos procedementos comparados. Minora-la inseguridade xurídica e prestar asistencia ós sectores e colectivos afectados.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario dos grupos A e B e laboral dos grupos I e II, independentemente da súa titulación, que desenvolva tarefas vencelladas coa programación e asesoramento no deseño de políticas públicas e proxectos normativos nos seus respectivos eidos de actividade profesional.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades que desenvolvan as tarefas anteditas, relacionadas cos sectores productivos galegos e colectivos sociais desfavorecidos.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 29 e 30 de novembro; 1, 2, 13, 14, 15, 16, 20 e 21 de decembro.

4.3. Horarios: de 17.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Fundamentación do euro no dereito primario. Dereito derivado e normativa básica estatal. Condicionantes do Pacto de Estabilidade e Crecemento. Análise de problemática por sectores e colectivos sociais. Situación comparada no Euro-11.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión para o curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5-baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: sinalización e seguridade vial (4 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na implantación

e retirada dos elementos de sinalización, balizamento e defensa de estradas, de acordo coa normativa vixente.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, que realice funcións de conservación e explotación de estradas e que pertenza á categoría de auxiliar técnico, celador, capataz, legoeiro ou similar.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación directa do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: 4, 5, 6, 13 e 14 de outubro; Lugo: 15, 16, 20, 21, 22, 23 e 27 de setembro; Ourense: 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de setembro; Pontevedra: 4, 5, 6, 7 e 13 de outubro.

4.3. Horarios: A Coruña e Pontevedra: de 16 a 20.15 horas; Lugo e Ourense: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Normativa de sinalización vertical e horizontal. Sinalización de obras fixas. Sinalización de obras móbiles. Sinalización provisional. Balizamento e equipos de contención.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e presentaranse no seu rexistro xeral da mesma ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: sistema automatizado de xestión de consumo.

1. Obxectivos.

Prepara-lo persoal que ten que manexa-la aplicación informática.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo con responsabilidades en inspección e control de mercado.

3. Criterios de selección.

Persoal do IGC con responsabilidade en control de mercado, persoal que traballe nos servicios de información ó consumidor.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 27, 28 e 29 de setembro.

4.3. Horarios: de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Apertura de expedientes. Follas de reclamación. Follas de inspección. Resolucións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Instituto Galego de Consumo, praza de Europa, 10 A-2º, edificio Área Central-polígono das Fontiñas-Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no rexistro da Consellería da Presidencia, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: actualización da normativa en materia de consumo.

1. Obxectivos.

Posta ó día nas novas disposicións en materia de consumo.

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo con responsabilidade en materia de inspección, control de mercado e información ó consumidor.

3. Criterios de selección.

Persoal do IGC con responsabilidade en control de mercado e atención ó consumidor e persoal da Xunta e organismos autónomos que realicen labores de información.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 1 e 2 de decembro.

4.3. Horarios: de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido.

Venda de bens mobles a prazos. Novo réxime da multipropiedade. Propiedade horizontal. Indicación de prezos. Novidades autonómicas en materia de consumo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 1 de novembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó Instituto Galego de Consumo, praza de Europa, 10 A-2º, edificio Área Central-polígono das Fontiñas-Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no rexistro da Consellería da Presidencia, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: xestión informática avanzada das axudas a explotacións (2 edicións).

1. Obxectivos.

Darlle unha formación axeitada ó persoal con responsabilidade nos niveis superiores na tramitación, a través do sistema integrado de xestión das ditas axudas.

2. Destinatarios.

Persoal do Ilgga cun nivel superior de responsabilidade na tramitación de axudas mediante o sistema integrado de xestión.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función da relación directa do funcionario coa tramitación de axudas a través do sistema integrado de xestión, procurando un reparto territorial equilibrado de xeito que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP. 1ª edición: 5, 6, 12 e 13 de xullo; 2ª edición: 19, 20, 26 e 27 de xullo.

4.3. Horarios: luns e martes, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas, agás o último día, que rematará ás 14 horas.

4.4. Prazas: 12 por edición.

5. Contido.

Deseño de configuración. Mantemento e modificación das aplicacións. Utilización. Obtención de informes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director do Ilgga e presentaranse no rexistro xeral do Ilgga ou no das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: fiscalidade de explotacións agrarias.

1. Obxectivos.

Dota-los participantes dos coñecementos específicos sobre o réxime fiscal das explotacións agrarias, tanto sexan estas persoas físicas como xurídicas.

2. Destinatarios.

Persoal do Ilgga e de Extensión e Capacitación Agraria dos grupos A e B, tanto de Administración xeral como especial, encargado da xestión das axudas do FEOGA e das relativas á modernización de explotacións agrarias (Regulamentos do Consello 950/97, 2079/92, 2508/92 e Lei 19/1995, de modernización de explotacións), así como do asesoramento e capacitación agraria.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función da relación directa do funcionario coa tramitación de axudas a explotacións agrarias, ou co asesoramento e capacitación en tal materia; procurando un reparto territorial equilibrado, de xeito que asista persoal das catro delegacións provinciais e dos servicios centrais.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 56 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de novembro.

4.3. Horarios: de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

5.1. Tributos: o imposto sobre a renda das persoas físicas. O imposto sobre sociedades. O imposto sobre sucesións e doazóns. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados tanto na vertente das súas operacións comerciais como na adquisición de activos (investimentos) e nas transmisións de explotacións.

5.2. Seguridade Social.

5.3. Dereito civil de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse ó director xeral de Desenvolvemento Rural ou ó do Ilgga e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou no do Ilgga, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: actuacións oficiais en materia de producción animal (3 edicións).

1. Obxectivos.

Formación e información para os técnicos que participan nos programas de producción animal levados a cabo pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

2. Destinatarios.

Servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios que ocupen postos de traballo que teñan máis relación co contido do curso.

A distribución de solicitantes por localidades farase atendendo ó número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: 20, 24 e 25 de maio; Lugo: 24, 25 e 26 de maio; Ourense: 25, 26 e 27 de maio.

4.3. Horarios: de 17 a 21 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

Visión xeral do PIMX. Selección e mellora xenética: os establecementos de Bos e do Fontao. Catálogos de sementais e índices xenéticos. Programas de reproducción. Control leiteiro: estructura, funcionamento e resultados. Recuperación de razas autóctonas: razas vacunas autóctonas. O cabalo galego de monte.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. A correspondente documentación dirixirase á Dirección Xeral de Produccións Agropecuarias, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e presentarase no rexistro xeral desa consellería, nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: comercialización e mercados de productos lácteos e cárnicos.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal para analiza-la viabilidade comercial dos productos lácteos e cárnicos.

2. Destinatarios.

Persoal técnico titulado medio e superior da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Os participantes deben cumpli-los requisitos sinalados no punto anterior, e a súa selección virá determinada pola súa relación directa coa materia impartida.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 23, 24 e 30 de setembro; 1, 7 e 8 de outubro.

4.3. Horarios: xoves de 16.30 a 19.30 horas e venres de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Comercialización de productos lácteos. Comercialización de productos cárnicos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e presentaranse no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: xestión cultural.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal que traballa en programas culturais, de calquera tipo, para poder xestionar mellor os recursos materiais, humanos e inmateriais de que se dispón.

2. Destinatarios.

Profesionais da Xunta de Galicia que traballen en programas culturais.

3. Criterios de selección.

Desempeñar ou ter desempeñado un posto de traballo relacionado coa programación cultural.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas: 1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16, 17 e 27 de setembro.

4.3. Horarios: de 9 a 12 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

A xestión cultural. Medios humanos e materiais. Elaboración do orzamento. Programación de actividades. Seguimento dos programas. Avaliación dos resultados. Difusión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Presidencia e serán presentadas no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: protección do patrimonio cultural.

1. Obxectivos.

Formación do persoal e establecemento de criterios uniformes de actuación na defensa do patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración autonómica que realice funcións relacionadas co contido do curso.

3. Criterios de selección.

Dáraselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios que teñan relación co tema de protección do patrimonio cultural, segundo certificado expedido conforme o modelo recollido no anexo III.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea): 24, 25 e 26 de maio.

4.3. Horarios: de 9.30 a 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

O patrimonio cultural: reparto competencial. Os niveis de protección xurídica do patrimonio cultural. O patrimonio biliográfico. O patrimonio museístico. Promoción.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e presentaranse no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: metodoloxía para a determinación de custos nos centros residenciais.

1. Obxectivos.

Proporcionar unha metodoloxía básica para a análise dos custos do producto residencial. Introduci-lo criterio de custo para a asignación de recursos. Dispoñer dos coñecementos básicos para a selección dos sistemas de información máis axeitados.

2. Destinatarios.

Responsables das áreas de administración dos centros residenciais, CAMPs, centros dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade o persoal de administración das residencias, CAMPs e centros dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro): 10 e 11 de maio.

4.3. Horarios: de 9.30 a 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A xestión estratéxica do gasto. Concepto de custo. Punto de equilibrio. Limiar de rendibilidade. Metodoloxía para a determinación do custo do producto residencial.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 27 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: a atención primaria de servicios sociais. Porta de entrada da atención especializada.

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ós traballadores sociais de diferentes centros e servicios, coñecementos sobre os distintos aspectos teórico-prácticos da atención primaria de servicios sociais en Galicia, cara a unha coordinación cos de atención especializada.

2. Destinatarios.

Traballadores sociais dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro): do 19 ó 21 de maio.

4.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16 a 18.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Os Servicios Sociais de Atención Primaria: competencias, funcións, límites, financiamento. Instrumentos, rexistros, etcétera, que operativicen a Atención Primaria: SIUSS, teleformación. Aplicacións prácticas.

6. Presentación de solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: curso para xefes de departamento das residencias da terceira idade.

1. Obxectivos.

Mellora-las relacións persoais, a motivación, mellora do clima laboral, dirección de recursos humanos, a participación, o liderado.

2. Destinatarios.

Xefes de departamento de residencias con manexo de persoal, que non participaran en edicións anteriores.

3. Criterios de selección.

En función do número de traballadores ó seu cargo.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 24 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Comportamento interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó usuario. Técnicas de motivación. Habilidades conductuais para a supervisión, a dirección e o traballo en equipo. Cómo comportarse en situacións de tensión.

6. Presentación de solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio de 1999.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: afrontando o proceso de morrer: coidados paliativos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Prepara-lo persoal para recoñece-los dereitos e necesidades do moribundo e humanizar no posible esta fase, tanto cara ó propio residente, como ós seus familiares e contorno.

2. Destinatarios.

Persoal de residencias que teñan atención directa, especialmente persoal social e sanitario, que non participara en edicións anteriores.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, fundamentalmente traballadores sociais, médicos, ATS e auxiliares de clínica que atendan a persoas en situación terminal.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (Residencia-Fogar da Terceira Idade): do 18 ó 20 de maio; Burela (Residencia-Fogar da Terceira Idade): do 7 ó 9 de xuño e Marín (Residencia-Fogar da Terceira Idade): do 21 ó 23 de xuño de 1999.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Necesidades e dereitos do moribundo. Dilemas bioéticos: toma de decisións ó final da vida. O persoal sanitario e social ante a morte: práctica de actuación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: trastornos de conducta do ancián asociados a demencias, depresións e outros trastornos psiquiátricos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-la atención xerontolóxica e a calidade asistencial a través do coñecemento de pautas de actuación do persoal psicoxeriátrico ante situacións de conflicto, fomentando o traballo en equipo e a necesaria interdisciplinaridade para resolver situacións.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en residencias e centros da terceira idade, que non participara en edicións anteriores.

3. Selección:

Por categorías e dentro de cada categoría por antigüidade: auxiliares de clínica, ATS/DUE e camareiras-limpadoras. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 24 ó 26 de maio; Ferrol (Residencia da Terceira Idade): do 26 ó 28 de outubro e Vigo (Residencia da Terceira Idade O Meixoeiro): do 27 ó 29 de outubro de 1999.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Trastornos psíquicos máis comúns no ancián e conflictos asociados: depresión, evolución. A intervención interdisciplinaria para mellora-la calidade de vida destas persoas e como evitar ou trata-las situacións de conflicto.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de

maio para o curso de Pontevedra e o 10 de setembro para os cursos de Ferrol e Vigo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: coidados ás persoas con discapacidade (2 edicións).

1. Obxectivos.

Ofertarlles ós profesionais de residencias de persoas maiores uns coñecementos básicos das patoloxías máis destacadas e novas patoloxías que afectan o proceso de envellecer. Dota-los profesionais de coñecementos axeitados para a elaboración de plans de coidados estandarizados e personalizados.

2. Destinatarios.

Principalmente: coidadores, auxiliares de enfermería, ETAR. Despois: ATS/DUE das residencias de persoas con minusvalidez.

3. Criterios de selección.

Por categorías e dentro de cada categoría por antigüidade: coidador, auxiliar de clínica, ETAR dun centro de persoas con minusvalidez., ATS/DUE dunha residencia de persoas con minusvalidez.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Lugo (Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Sarria): do 4 ó 8 de outubro e Pontevedra (Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela): do 25 ó 29 de outubro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30 por edición.

5. Contido.

Aspectos xerais de minusvalidez, deficiencia e discapacidade. Patoloxías específicas e novas patoloxías. Plans de coidados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 10 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: curso de hostelería en centros residenciais: organización do comedor e trato co usuario (2 edicións).

1. Obxectivos.

Perfecciona-las técnicas profesionais no comedor: repaso de material, montaxe e servicio, atención ó cliente.

2. Destinatarios.

Gobernantas/es, subgobernantas/es e camareiras-limpadoras.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, preferentemente que presten servicios na área de comedor, o que se fará constar no informe do xefe/a do centro directivo que figura na solicitude.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 23 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): o 31 de maio e do 1 ó 4 de xuño; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 24 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: o primeiro día de 16.30 a 19.30 horas e o resto dos días de 10 a 15 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Nutrición, manipulación de alimentos. O oficio de hostaleiro. O trato co usuario-cliente.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II a esta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto

de procedementos administrativos a instancia de parte (2 edicións)

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Criterios de selección.

3.1. Estar adscrito a postos de traballo dependentes do Servicio de Recursos Mariños ou das delegacións comarcais, correspondentes á provincia na que se celebre o curso.

3.2. Estar adscrito a postos de traballo dependentes da Subdirección Xeral de Recursos Mariños.

3.3. Estar adscrito a outros postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3.4. En caso de necesidade, terase en conta como criterio selectivo a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugares e datas: Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa): salón de actos do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño, os días 13, 14, 15, 16, 17, 20, 21 e 22 de setembro.

Ribeira: sala de xuntas da Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, os días 27, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 4, 5 e 6 de outubro.

4.3. Horarios: de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido.

-Coñecemento das especies obxecto de explotación na pesca, no marisqueo e na acuicultura en Galicia, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización.

-Artes e aparellos autorizados en Galicia.

-As embarcacións da pesca e auxiliares da acuicultura: límites ó exercicio da actividade da pesca. Permisos de explotación. Plans de explotación. Alternancia de artes.

-A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Cae

tano, nº 5-2º. Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: análise do procedemento que orixina a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos mariños.

1. Obxectivos.

Achegamento á lei e análise da problemática que suscita.

2. Destinatarios.

Persoal de inspección e instructores do procedemento.

3. Criterios de selección.

Instructores do procedemento e persoal de inspección, preferentemente xefes de base, xefes de grupo e xefes de sección. No resto do persoal de inspección e vixilancia, atenderase a criterios de antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 14, 15, 16, 17 e 18 de xuño.

4.3. Horarios: de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Análise da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros e demais lexislación incidente na materia. Estudio das distintas fases do procedemento sancionador. Deseño e contido das actas de denuncia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días hábiles.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Protección de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e presentaranse no rexistro da devandita consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: competencias da Xunta de Galicia en materia de Administración local.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-las competencias da Xunta de Galicia en materia de Administración local, de acordo co novo marco normativo da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, preferentemente da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

3. Criterios de selección.

Persoal funcionario sobre interino.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 8, 9, 10, 11, 15, 16 e 17 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

-Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e regulamentos que a desenvolven.

-Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local (Subdirección de Administración Local), praza de Europa, 5 A-4º-polígono das Fontiñas-15703 Santiago de Compostela e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: o estatuto xurídico dos funcionarios de xustiza.

1. Obxectivos.

Desenvolvemento dos contidos do Decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico de médicos forenses e do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico de oficiais, auxiliares e axentes.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares con preferencia ós interinos, antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 7 ó 10 de xuño.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro, e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido.

Ingreso no corpo. Situacións administrativas. Excedencias. Postos de traballo. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario. Perda da condición de funcionario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local (Subdirección de Persoal), praza de Europa, 5 A-4º-polígono das Fontiñas-15703 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: a asistencia xurídica gratuíta.

1. Obxectivos.

Familiariza-las persoas que traballan directa ou indirectamente con órganos que interveñen no recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta coa nova regulamentación.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, persoal ó servicio da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia e membros das comisións e delegacións de asistencia xurídica gratuíta.

3. Criterios de selección.

Os membros das comisións e delegacións de asistencia xurídica gratuíta e o persoal funcionario de apoio destas prioritariamente, e os demais solicitantes de acordo con criterios de antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 21 ó 24 de xuño.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 40.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro, e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido.

O dereito á asistencia xurídica gratuíta. Ámbito persoal de aplicación da lei. Competencia e procedemento. Organización colexial e compensación económica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local (Subdirección de Persoal), praza de Europa, 5 A-4º-polígono das Fontiñas-15703 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude (2 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas da xuventude e dos servicios de Información Xuvenil a nivel teórico-práctico sobre as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de Información Xuvenil: emprego, educación, vivenda, servicio social, militar, voluntariado, programas europeos e asociacionismo para a xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das casas de xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das oficinas de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela. (1ª edición): 5, 6, 7, 13 e 14 de outubro; (2ª edición): 19, 20, 21, 26 e 27 de outubro.

4.3. Horarios: de 10 a 14 e de 16 a 19.30 horas os días 5, 6, 7, 19, 20 e 21 de outubro. De 11 a 14 e de 16 a 19 horas os días 13, 14, 26 e 27 de outubro.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

-Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na Lei xeral de educación e na LOXSE e a súa aplicación nunha oficina de Información Xuvenil (15 horas).

-Introducción e esquema básico sobre o acceso ó mercado laboral por conta allea (na empresa pública e na privada) e como autónomo e empresario. As distintas axudas á creación de emprego e a súa aplicación nunha oficina de Información Xuvenil (7 horas).

-Introducción e esquema básico sobre o voluntariado, a prestación social substitutoria e o servicio militar e a súa aplicación nunha oficina de Información Xuvenil (3 horas).

-Introducción e esquema básico sobre as axudas á vivenda para xoves e a súa aplicación nunha oficina de Información Xuvenil (3 horas).

-Introducción e esquema básico sobre os recursos da Unión Europea para a xuventude (3 horas).

-Asociacionismo xuvenil (3 horas).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de agosto.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: fundamentos e aplicacións do sistema GPS.

1. Obxectivos.

Coñecemento do sistema GPS e as súas posibles aplicacións nos traballos forestais que se levan a cabo nos servicios de Montes e Industrias Forestais.

2. Destinatarios.

Técnicos dos servicios de Montes e Industrias Forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3. Criterios de selección.

Técnicos dos servicios de Montes e Industrias Forestais das catro provincias e técnicos do Servicio de Xestión de Montes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, 19, 20 e 21 de outubro.

4.3. Horarios: de 9.30 a 13.30 e de 16 a 19 horas.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido.

Fundamentos do sistema GPS. Tipos de lecturas-medicións. Aplicacións prácticas. Utilización actual no noso país. Selección de receptores. Sesións prácticas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, Servicio de Xestión de Montes, a través dos rexistros oficiais ou ben por calquera dos sistemas recollidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: riscos laborais, seguridade persoal e primeiros auxilios na extinción de incendios forestais.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal técnico para prevención de accidentes na extinción de incendios, así como darlles unhas ideas básicas de actuación en caso de accidente laboral.

2. Destinatarios.

Técnicos do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais (SDCIF).

3. Criterios de selección.

A selección farase conforme a resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 25 ó 27 de outubro.

4.3. Horarios: de 9.30 a 14.30 e de 16.30 a 18.30 horas.

4.4. Prazas: 40.

5. Contido.

Precaucións para evitar accidentes laborais. Concepto de urxencia e emerxencia. Equipo de Protección Individual (EPI). Caixa de urxencias básica. Recursos sanitarios dispoñibles. Demanda de atención médica. Principais urxencias básicas. Queimaduras. Asfixia e intoxicación por gases. Traumatismos: atención, inmobilización e traslado. Reanimación cardiopulmonar básica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral de Defensa Contra Incendios Forestais, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: análise de procesos industriais.

1. Obxectivos.

Dota-la inspección ambiental de formación no campo de balances de materia e enerxía dos procesos industriais que inciden sobre o medio ambiente.

Actualizar e normaliza-la documentación de referencia ambiental que a inspección debe solicitar no momento da visita, así como a necesaria para o control dos citados balances de materia e enerxía.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a:

a) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral.

b) Persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral.

c) Persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, do 24 ó 28 de maio.

4.3. Horarios: de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Cálculo de balances de materia e enerxía. Supostos prácticos. Documentación que debe ter unha empresa para a inspección ambiental. Estudio de documentación necesaria para o cálculo do balance de materia e enerxía.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns, nº 7-baixo, Santiago de Compostela.

As instancias presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.