Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

En cumprimento do que dispón o artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local, segundo redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, e do artigo 48 da Lei do solo de Galicia, faise pública a aprovación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases do réxime local e o artigo 215.3º i) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, acordou o Pleno municipal na súa sesión extraordinaria do 11 de marzo de 1999, recolléndose a continuación a parte dispositiva deste acordo:

Primeiro.-Acepta-la delegación de competencias outorgada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballiño, de conformidade co informe preceptivo e vinculante desta con data do 19-2-1999.

Segundo.-Prestar aprobación definitiva ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballino, nos propios termos e contido do documento final asinado e redactado polo equipo dirixido polo arquitecto Cándido Ortells Carbonell.

Terceiro.-Dar publicidade deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas do PXOM do Carballiño.

Cuarto.-Comunicaráselle este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o tempo que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballiño aprobado definitivamente co tódolos planos e documentos que integran este, debidamente dilixenciados pola secretaría do concello.

Quinto.-Notificarlles ós elegantes este acordo, achegándolles copia cotexada do informe que emitiu o equipo redactor do plan, que serviu de base para resolver todas e cada unha das alegacións que se presentaron trala aprobación inicial e que se fan eficaces neste acto.

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados, ós que non se lles notifique persoalmente o acordo de aprobación definitiva porque non formularon alegacións durante o período de información pública que tivo lugar trala aprobación inicial, poidan interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala desta xurisdicción con sede na Coruña no prazo de dous meses seguintes ó da data de publicación deste edicto no que se inserirá o texto íntegro das ordenanzas e da normativa do PXOM, o cal entrará en vigor desde a dita publicación no BOP e transcorra o prazo establecido no artigo 70.2º en relación co arttigo 65.2º da Lei reguladora das bases de réxime local.

O Carballiño, 23 de marzo de 1999.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde