Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

58 ZAE 99 Suroeste. Sober. Piscina municipal en Sober25.650.0005 mesesGrupo C), subgrupo 2), categoría c). Grupo C), subgrupo 6), categoría B). Grupo J), subgrupo 5), categoría B).

O Páramo. Sinalización vías PM-1 Cendoi a Vileiriz 5.440.0003 meses

101 ZAE 99 Negueira de Muñiz. Acdt. da travesía de Negueira-p.k. 0-0,4 5.558.0004 meses

10 ZAE 99 Navia de Suarna. Apertura e asfaltado Cª Cancela da Serra por Vilar, Veiga, Libre, Vilela a Cerredo, p.k. 1,784-2,25421.712.00012 mesesGrupo G), subgrupo 6), categoría c)

48 ZAE 99 Becerreá. C.L.: Liber-Pontes de Gatín, p.k. 0-0,43526.432.0009 mesesGrupo G), subgrupo 6), categoría c)

Características:

1º Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2º Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3º Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4º Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5º Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva. o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6º Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7º Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser esixible).

8º Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do pre

sente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, excepto no prazo de execución.

Se esixirá rigurosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9º Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10º Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11º Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 26 de marzo de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo