Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 8 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación e os proxectos de estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) de Pontepedriña, promovidos pola Sociedade Unión Hotelera Gallega, S.A. e outros propietarios afectados.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou, se é o caso no Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio, os propietarios de terreos afectados por esta actuación poderán solicita-la súa incorporación a xunta de compensación.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado