Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 22 de febreiro de 1999, aprobou inicialmente os seguintes instrumentos de planeamento, formulados polos servicios técnicos municipais:

1. Plan especial de ordenación de accesos e infraestructuras e de dotación de centro terciario na estación de viaxeiros de Renfe (PE-11).

O ámbito do citado plan especial é o comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: Avenida de Lugo (circunvalación), desde o seu entronque coa avenida de Amor Ruibal ata a rotonda do polígono único do plan parcial de Sar.

Sur: ámbito do plan especial de reforma interior de Pontepedriña (PERI-7), e terreos clasificados como non urbanizables de protección de canles (Brañas de Sar).

Leste: vía férrea e terreos clasificados como sistema xeral de parques urbanos (PU-11), lindantes coa Colexiata de Santa María de Sar.

Oeste: rúa de Amor Ruibal, no seu entronque coa vía de circunvalación.

Para a execución da ordenación proxectada, o plan especial establece a delimitación de dous polígonos ou unidades de actuación:

-Polígono 1, integrado polos terreos propiedade de Renfe, correspondentes á actual estación ferroviaria, e outros situados a carón da Avenida de Lugo e na beira norte do ámbito da estación.

Sistema de actuación: compensación de propietario único.

-Polígono 2, de carácter descontinuo, que inclúe un soar con fronte á Avenida de Lugo (lindante co edificio número 18), e os terreos situados na beira sur da estación ferroviaria.

Sistema de actuación: compensación.

Relación de parcelas e propietarios afectados

no polígono 2

Nº de parcela

Superficie

afectada

Titular

19.228 mRenfe

28.148 mKoipe

31.197 mHros. Manuela Pereira Munín

4386 mHros. Gabriel Vidán Pereira

5312 mHros. Manuela Pereira Munín

6109 mDescoñecido

A parcela número 6, de propietario descoñecido, sitúase na marxe sur da Avenida de Lugo, lindante polo oeste co edificio número 18 desta avenida, e polo sur con terreos da estación ferroviaria.

2. Modificación puntual do plan especial de reforma interior do solo urbano de Pontepedriña (PERI-7), a resultas do novo trazado da vía de enlace Sar-Pontepedriña.

A modificación proposta afecta ás seguintes áreas do PERI-7, situadas na marxe leste da rúa do Ulla e estrada de Ourense (N-525):

-Unidades de actuación números 7, 14, 15, 17, 18 e 19.

-Área de actuación G.

Os expedientes expóñense ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulgen oportunas.

De conformidade co previsto no artigo 42.6º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), este anuncio servirá de notificación en forma legal a todos aqueles propietarios afectados que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do previsto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras que resulten incompatibles co novo réxime urbanístico nas citadas áreas.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza, ou de se-lo caso, Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado