Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 22 de febreiro, aprobou inicialmente a modificación puntual do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), no ámbito da estación de ferrocarril (PE-11) e nos terreos afectados polo novo trazado da vía de enlace Sar-Pontepedriña.

A modificación proposta afecta ós seguintes ámbitos de planeamento:

-Plan especial número 11 (de ordenación de accesos e infraestructuras e de dotación de centro terciario na estación de viaxeiros de Renfe).

-Terreos clasificados como non urbanizables de protección de canles (ordenanza 16 do PXOU), situados ó sur da estación de viaxeiros e, ó noroeste do río Sar, e ó leste dos terreos xa edificados con fronte á rúa do Ulla.

-Terreos clasificados como sistema xeral de espacios libres (parque urbano do Sar PU-8), adscritos ó desenvolmento do plan parcial do SUP-7 (Pontepedriña), e situados ó leste dos terreos xa edificados con fronte á rúa do Ulla.

-Terreos incluídos no ámbito do plan especial de reforma interior de Pontepedriña (PERI-7), situados na confluencia das rúas do Ulla e Amor Ruibal (N-525).

De conformidade co previsto no artigo 124.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o proxecto de modificación establece, como sistema de obtención do solo e edificacións necesarias para a execución da vía Sar-Pontepedriña no tramo clasificado como non urbanizable, o de expropiación.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do previsto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias para os usos e obras que resulten incompatibles coas determinacións do proxecto de modificación.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso Contencioso-Administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza, ou de se-lo caso Xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado