1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.
A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
A) Descrición do obxecto: subministración e instalación de xogos infantís no parque público de Campolongo (antigo eucaliptal).
B) Lugar de entrega: casa do concello.
C) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de dous meses a partir da data de constitución da garantía definitiva.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Urxente. Aberto. Concurso.
4. Orzamento de licitación: 2.500.000 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.
5. Garantías:
A) Provisional: 50.000 ptas. B) Definitiva: 100.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.
B) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas:
A) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
B) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.
C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.
D) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días.
8. Apertura das ofertas:
Pola mesa de contratación ás 10.15 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.
9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:
A) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.
B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.
C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora de taxa.
D) Os de transporte, entrega e instalación dos xogos.
Pontevedra, 18 de marzo de 1999.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral