Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación urxente por este concello das obras que se indican, incluídas no Programa de Acción Especial 1999 (PAE).

Denominación obra

Importe

licitación

Prazo

execución

Garantía

provisional

Garantía

definitiva

Pav. rúas en Monfero5.294.948Catro meses105.890211.798

Pav. rúas en Queixeiro, Taboada e Vilachá7.492.311Catro meses149.846299.692

Pav. rúas en Sta. Uxía, Alto Xestoso e Val Xestoso7.492.313Catro meses149.846299.693

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, no horario das 9 ás 13 h, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo a este.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero (Tfno.: 981 79 38 85).

Monfero, 10 de marzo de 1999.

Andrés Feal Varela

Alcalde