Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1999 pola que se publica a contratación da subministración e instalación de xogos infantís no parque público de Estribela.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: comisión de goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de xogos infantís no parque público de Estribela.

b) Lugar de entrega: casa do concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de dous meses a partir da data de constitución da garantía definitiva.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Urxente. Aberto. Concurso.

4. Orzamento de licitación: 7.000.000 de ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 140.000 ptas.

b) Definitiva: 280.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 10.15 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte, entrega e instalación dos xogos.

Pontevedra, 18 de marzo de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral