Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso para a concesión do servicio de cantina do Aquarium Finisterrae (Ref. C99/1).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C99/1.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa do servicio público de xestión e explotación de cantina-cafetería no Aquarium Finisterrae.

Prazo de concesión: quince anos contados a partir da data de adxudicación do concurso, prazo prorrogable tacitamente por anualidades sucesivas ata un máximo de trinta anos (incluídos período inicial e a súas prórrogas.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento/canon da concesión: non se fixa canon anual para percibir polo concello, déixanse en liberdade os licitadores para propoñelo nas súas ofertas.

5. Garantía provisional: 25.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 12 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións:

a) Prazo: trece días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

8. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposicións económica e técnica, Documentación xeral) e o siguiente lema: «Proposición que presenta...(nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a concesión do servicio de cantina do Aquarium Finisterrae (Ref C99/1).»

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado